Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Axenda musical da fin de semana

En Maceda, as castañas con música entran mellor

O Sonoro Maxín, Som do Galpóm, Fracasados de Antemano e Tres Trebóns aderezan o magosto no Castañazo.

Redacción - 17:05 23/10/2009

A asociación O Pipote organiza este sábado 24 de outubro o Castañazo de Maceda, un magosto alternativo cunha potente dose musical. O programa no bosque do castelo iníciase pola tarde con campionatos de deportes galegos: primeiro billarda e logo bolos de Soutipedre. O Leo i Arremecághona dará paso ao magosto. A festa segue a partir das 22.30 h. co festival, no que actúan O Sonoro Maxín, Som do Galpóm, Fracasados de Antemano, Tres Trebóns e os Djs de la Torre Brothers. Na web do festival podes informarte de como chegar e como dispoñer de aloxamento gratuíto.

Ademais do Castañazo de Maceda, a fin de semana déixanos outras propostas musicais interesantes:

Venres 23
Pülsar e Drama na Sala Karma de Pontevedra.
Concha Buika no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela.
The Phantom Keys na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Misquious na sala Run Rum de Ferrol.
Skarallaos no pub D'Anton da Laracha.
La Pegatina na Sala 600 de Melide.
Pito de Pikasso no pub Gatos de Melide.
Luis Eduardo Aute no Teatro Colón da Coruña.
Sugar Mountain na Sala Baranda do Barco de Valdeorras.

Sábado 24
Ibou Djembé no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol.
La Banda Trapera del Río e Motociclón no Playa Club da Coruña.
Florent y Yo na Sala Karma de Pontevedra.
Invivo e N.O.T. na Sala Nasa de Santiago de Compostela.
Telémaco en Le Club da Coruña.
Thelma y Los Luises no Clandestino en Nigrán.

Domingo 25

Tony Lomba no Vinilo do Grove.
La Pegatina no Café Cultural Auriense de Ourense.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: