Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ASEGURAN ESTAR DISPOSTOS A IR AO XULGADO

A nova dirección de Sogama sostén que o bipartito pagou por mobiliario que agora non aparece

Dende o organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente afirman que están a estudar xuridicamente os "desfases orzamentarios".

Redacción - 17:45 20/10/2009

A táctica política do “ventilador” prosegue. Se hai unha semana o PSdeG pedía explicacións polo suposto financiamento irregular da sede do PPdeG, agora os disparos veñen dende o outro lado da trincheira. A dirección de Sogama, organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente, anunciou este marte que acaba de encargar un ditame xurídico para que se analice un presunto “desfase orzamentario” nas obras de reforma e na dotación de mobiliario para a súa sede en Santiago.

Dende Sogama aseguran que a sociedade ten un informe técnico que apunta a existencia de graves irregularidades. Así, aseguran que se pagou 26 mil euros para a instalación de “paneis de vidro laminado” e que estes non aparecen por ningunha parte. Ademais aseguran que existen dúas partidas de pintura de figuras decorativas que suman 15 mil euros e que tampouco aparecen no inmóbel que mercou a sociedade pública.

Ademais dos obxectos que o novo Goberno asegura que faltan, afírmase que se mercaron sillas por importes de 3.500 e 2.866 euros pero que o prezo dos modelos existentes son de prezo inferior. Dende o novo Goberno afirman que, se os informes xurídicos o aconsellan, están dispostos a levar ao xulgado aos responsábeis da compra do mobiliario.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: