Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Denuncia o PSdeG

O suposto aforro en Emigración, aos petos do secretario xeral

Os socialistas critican que o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, cobra 101 mil euros, máis que o propio presidente da Xunta.

Redacción - 19:20 14/10/2009
O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba

"O cacarexado peche das delegacións da Xunta no exterior foi un gran erro e unha inxustiza para os emigrantes que agocha unha intención destrutiva de Feijoo con todas as actuacións do anterior goberno", denunciou a deputada socialista Laura Seara. A voceira do PSdeG en materia de emigración asegurou que esta manobra agocha as intencións da Xunta de "controlar politicamente" os emigrantes. Xa que logo, censurou que a delegación do Goberno en Bos Aires pase a estar localizada no Centro de Galicia, non só unha entidade particular "que non representa todos os galegos" senón tamén un organismo "presidido por un militante do PP".

Ao fío, Seara ironizou sobre o presunto aforro que o gabinete do presidente Alberto Núñez Feijoo aseguraba que conseguiría co cambio de sede da Xunta. "Unha nova mentira de Feijoo", valorou a deputada do PsdeG, laiándose de que o propio secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, percibe un salario de 65.078 euros e un complemento de 36.097 euros, é dicir, un total de 101.175 euros, "máis do que percibe Alberto Núñez Feijoo como presidente da Xunta". Para a deputada ourensá, a situación é exemplo da "falsa austeridade" da Xunta presidida por Feijoo.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: