Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reclamación de Adega

Os vertidos de cloro, motivo abondo para a retirada de licenza a Reganosa

Os ecoloxistas sinalan que o incumprimento por parte da planta dos termos de autorización de Augas de Galicia xustifican a revogación do permiso.

Redacción - 12:00 14/10/2009

O límite de concentración de cloro en 0,1 mg/litro e para a oscilación de temperatura entre a auga captada pola planta e a vertida en -6ºC, son exemplo das condicións ás que Reganosa debe atender para manter a autorización de vertedura que lle outorgou Augas de Galicia.

Mais, segundo denuncia esta semana a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), Reganosa "está a furtarlle información á administración e á cidadanía" xa que estes datos que ten a obriga de presentar nunca foron entregados. Os ecoloxistas teñen claro que a ocultación dos niveis de cloro e temperatura nos vertidos á ría de Ferrol son causa suficiente "para a revogación/anulación do permiso".

Recordan que en dous anos de funcionamento, a regasificadora deitou ao mar 93 millóns de metros cúbicos de auga tratada con hipoclorito sódico, "ocultando as concentracións de cloro que realmente verte". Recordámoslles que Reganosa bombea auga da ría quecendo o gas natural para pasalo do estado líquido no que vén dos buques (a -169ºC) a estado gasoso para introducilo nos gasodutos. "No proceso, a auga mariña sofre dun notábel arrefriamento antes de ser devolvida á ría e ademais engádeselle cloro en forma de hipoclorito sódico (lixivia) coa fin de esterilizar a auga captada e impedir que algas, mexillóns e outros organismos obstrúan as tubaxes do sistema de refrixeración", debullan desde Adega.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: