Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Iniciativa ambiental

Levará Feijoo o Consello da Xunta baixo as augas de Touriñán?

O goberno das Maldivas convoca o seu gabinete a unha reunión submarina para alertar do cambio climático, que ameaza o arquipélago.

Redacción - 13:00 09/10/2009
Proxecto de Pescanova para Touriñán

Proxecto de Pescanova para Touriñán

O presidente das illas Maldivas, Mohamed Nasheed, convocou o seu gabinete a unha reunión baixo a auga para chamar a atención sobre o cambio climático, que ameaza este arquipélago do océano Índico formado por atolóns que se elevan apenas un metro sobre o nivel do mar.

Durante a reunión, o próximo día 17 e para a que os ministros están a ser adestrados por mergulladores, o goberno rubricará un compromiso contra o cambio climático no que pedirá ao resto de Estados do mundo a se uniren a esta loita contra un inimigo común, informaba esta semana a prensa inglesa.

Nasheed, un importante activista pola democracia e polo ambiente, quere que a concienciación comece polos ministros, que comprobarán persoalmente como o aumento do nivel do mar transformaría a forma de vivir e de facer política neste país turístico do sueste asiático.

E en Galiza?
Ao fío, convidámolos a imaxinar un episodio similar en augas galegas. Xa que logo, e no caso de que o equipo de goberno liderado polo presidente Alberto Núñez Feijoo gustase da medida e quixese tomar exemplo para alertar dos perigos ambientais que ameazan o país, onde pensa vostede que poderían facer o mergullo?

Na ría de Ferrol e á beira de Mugardos para valorar as acusacións do Comité de Emerxencia pola regasificadora? No Parque das Illas Atlánticas onde un equipo de buzos hai pouco que sacou toneladas de lixo? Ou baixo as augas de Touriñán e a pé da posíbel piscifactoría e cos rodaballos testemuñas de excepción desta hipotética e curiosa reunión de conselleiros? Poden opinar a pé da información.


Ligazóns

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: