Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O vindeiro 5 de novembro

O documental '¿Que culpa ten o tomate?' estréase no MoMA de Nova York

Jorge Coira é un dos sete directores desta coprodución sobre a praza de Abastos e outros seis mercados populares iberoamericanos.

Redacción - 18:00 07/10/2009
Jorge Coira na rodaxe do documental

Jorge Coira na rodaxe do documental

Os viaxeiros saben que para achegarse á cultura dun país e palpar o seu ritmo vital é imprescindíbel visitar os seus mercados populares. E iso fai a coprodución galega '¿Qué culpa ten o tomate?', que xunta sete directores iberoamericanos para filmar a vida de sete mercados dos seus países. A longametraxe documental estréase o vindeiro 5 de novembro no MoMA (Museum of Modern Art) de Nova York.

O documental de creación colectiva está producido por Tic Tac Producciones (Galiza) e Lagarto Cine (Arxentina). O realizador galego Jorge Coira dirixiu a parte do filme que se achega á praza de Abastos de Santiago de Compostela. Comparte a dirección con outros seis directores que filmaron mercados dos seus países: Alejo Hoijman (Arxentina), Marcos Loayza (Bolivia), Paola Vieira (Brasil), Carolina Navas (Colombia), Josué Mendez (Perú) e Alejandra Szeplaki (Venezuela).


Ligazóns

3,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: