No terceiro trimestre do ano, os galegos melloramos a nosas expectativas con relación ao mercado, se ben os valores estatísticos se manteñen en negativo.
A perspectiva da evolución económica mellorou 9,3 puntos
Aos poucos, o consumidor galego van mellorando a súa percepción sobre a situación económica do país. Así o reflicten os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), segundo os cales a confianza do consumidor aumentou en Galiza 6,7 puntos durante o terceiro trimestre do ano con respecto aos anteriores tres meses. Esta evolución demostra unha tendencia sostida, xa que naquel período tamén se rexistrou un incremento, naquel punto maior (10,3%). Con todo, non hai que esquecer que estas cifras continúan a reflectir valores negativos, en concreto -26,5%.
Así as cousas, e logo de coñecer a estatística que demostra un incremento da taxa de aforro (24,3% da renda dispoñíbel), é destacábel a falta de confianza sobre a futura evolución dos prezos. Os galegos desconfían do comportamento futuro do mercado neste sentido, xa que este indicador baixou dous puntos con respecto ao trimestre anterior.
Pola contra, aumentaron os demais indicadores parciais: o das perspectivas de evolución da situación económica (+9,3 puntos); a capacidade de aforro (+6,9); a situación financeira persoal (+5,5) e as perspectivas da evolución do emprego (+5,1).