Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ordenara afastar o petroleiro

Recuperan a imputación a López Sors pola catástrofe do Prestige

A Audiencia Provincial da Coruña revoga así a decisión do xulgado de Corcubión, que retirara provisionalmente a inculpación.

Redacción - 13:40 06/10/2009

O pasado mes de maio contabámoslles da polémica decisión da maxistrada do xulgado número 1 de Corcubión, quen dicía non ver "indicios suficientes" de que a decisión do ex director xeral da Mariña Mercante "agravase" o risco xerado polo petroleiro Prestige.

A Audiencia Provincial da Coruña fixa agora o trasacordo na causa xudicial, atendendo aos diversos recursos de apelación presentados, un deles pola propia Plataforma Nunca Máis. Así, a Audiencia ordena outra vez a imputación do ex director xeral da Mariña Mercante, José Luíz López Sors, o único ex alto cargo do Ministerio de Fomento que permanecía imputado. O motivo é a presunta "responsabilidade criminal con imprudencia grave" por ter promovido o afastamento do Prestige da costa, convertendo o accidente do petroleiro na catástrofe que despois aconteceu.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: