Ofrécense dous niveis de lingua adaptados ao sistema oficial da Xunta de Galicia (Celga 2 e Celga 4) e un curso de extensión cultural.
A partir do mes de xaneiro, na facultade de filoloxía da UB, impartiranse dous niveis de lingua galega, destinados á preparación dos exames oficiais da Xunta de Galicia para a obtención do Certificado en Lingua Galega: Celga 2 e Celga 4, niveis esixidos para o funcionariado en Galicia. Tamén se desenvolverá un curso de extensión cultural, no que se tratarán diferentes aspectos da xeografía, historia e antropoloxía galegas.
Os cursos son abertos a calquera persoa maior de 17 anos, sexa ou non estudante da Universitat de Barcelona.
A matrícula é gratuíta e comezará o vindeiro 13 de outubro ata o 11 de decembro. Para máis información consultar a web de Filoloxías Galega e Portuguesa da UB.