Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Despido improcedente

Profesor á rúa por usar blogs como recurso didáctico

Un docente vasco recibiu carta de despido onde se lle reprocha "terse baseado no uso de blogs como motor da materia".

Redacción - 12:15 05/10/2009

"O que non vou facer é ir a clase e soltar un rollo para que tomen apuntes e os repitan como papagaios nun exame", xustifícase o profesor despedido dunha escola concertada en declaracións a El Correo. "Os estudantes deben adquirir competencias e habilidades e construír o seu propio coñecemento e os blogs son unha ferramenta moi útil", engade, explicando que usaba das bitácoras como "un caderno de traballo" para os estudantes, e colgaba artigos e documentos onde os rapaces podían facer traballos e manexar textos, imaxe, audio e vídeo.

Con todo, desde o centro acúsano de non usar un sistema axeitado. "A metodoloxía que vostede usou para as súas clases non se axusta aos parámetros estabelecidos pola normativa en vigor, xa que a baseou no uso do blog como elemento motor da materia", expón a carta de despedimento.

Poden consultar a nova no xornal vasco El Correo: Unha ikastola expulsa un profesor por usar un blog no aula

Tamén lles recomendamos a reflexión ao respecto na bitácora de Enrique Dans: Cando a tecnofobia prexudica a terceiros: o fracaso da innovación


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: