Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Á espera de sentenza

"Os Pelaez" aparecen no xuízo a Sanches e Vigo

Gargalladas na sala entre os amigos e familiares ao escoitar a exposición de probas. A fiscalía solicitou cinco anos de prisión.

Redacción / Europa Press - 12:35 04/10/2009


A consideración como artefacto explosivo do que sería en realidade un artefacto incendiario, suxeito por tanto á aplicación proporcional dunha diferente tipificación de delito, ou o rexeitamento da presunta pertenza a estrutura armada ningunha dos dous mozos xulgados, José Manuel Sanches Gorgas e Santiago Vigo Domingues, foron alegatos da defensa esta fin de semana en Madrid. A defensa pedía así a libre absolución ou, a xeito alternativo, a posibilidade dunha suposta falta de danos en grao de tentativa.

O fiscal Pedro Martínez rebaixou de oito a cinco anos a súa petición de pena para os dous mozos, que foron detidos en decembro de 2007, cando no interior do coche no que viaxaban se lles atopou o devandito artefacto. Malia que os mozos declararon que o artefacto ía ser colocado nunha superficie comercial en construción, a Garda Civil insistiu en que o obxectivo era unha inmobiliaria situada nunha zona próxima. A fiscalía achegou ademais documentación sobre o movemento independentista atopada nos domicilios dos detidos. Amigos e familiares non puideron evitar as gargalladas cando na exposición de probas da "relación destas persoas co independentismo radical" apareceu mención da banda deseñada "Os Pelaez" ou do audiovisual cómico "O Home do Tempo".


Poden atopar ampla información na web de Ceivar


5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: