Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA EDUCACIÓN

Receita contra a crise: os colexios públicos deberán recortar gasto en auga e luz

O PSdeG acusa ao Goberno de denigrar o ensino público pedindo restricións "propias da posguerra" que non se fan extensíbeis ao ensino privado.

Redacción - 17:00 17/09/2009
O Grupo Parlamentario Socialista pedirá a comparecencia de Xesús Vázquez no Parlamento

O Grupo Parlamentario Socialista pedirá a comparecencia de Xesús Vázquez no Parlamento

Para os socialistas a Consellaría de Educación está "denigrando e vituperando" o ensino público. Así o asegurou o portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Guillermo Meijón, quen censurou que o Goberno pedise aos directores dos centros públicos que "como na posguerra, recorten gasto en luz e auga".

En palabras do socialista, estase chamando "gastadores" aos equipos directivos dos centros públicos, mentres que que esta mesma recomendación non se trasladou aos concertados. "A crise parece afectar soamente ao sector público", dixo Meijón, ao tempo que lamentou que o incremento en "como mínimo 17 millóns de euros" na dotación do plan cuatrianual dos centros concertados.

Petición de comparecencia
Doutra banda, os socialistas xa anunciaron que solicitarán a comparecencia no Parlamento do conselleiro de Educación, para que explique todas as polémicas vencelladas coa súa carteira. Entre elas nomeou a cuestión do financiamento dos libros de texto, o agrupamento de nenos ou a decisión de prescindir de 400 profesores con respecto ao pasado curso.

Meijón afirma que as palabras de Xesús Vázquez nas que aseguraba que o inicio do curso "foi o que menor número de incidencias rexistrou en anos" só se entenden dende o delirio dun conselleiro vixiado non só pola comunidade educativa, non só polo conxunto da sociedade, senón polo seu propio grupo parlamentario e partido, que discrepan amplamente do que se está a facer co sistema educativo público".


Ligazóns

4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: