Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Non puido revalidar o título

Xavier Gómez Noya proclámase subcampión do mundo de triatlón

O británico Alistair Brownlee logrou a medalla de ouro, e o bronce foi para o alemán Maik Petzold.

Redacción - 18:45 12/09/2009

O ferrolán Xavier Gómez Noya proclamouse este sábado subcampión do mundo de triatlón en Gold Coast (Australia), mentres que o británico Alistair Brownlee logrou a medalla de ouro.

Deste xeito, logra a súa segunda medalla de prata mundialista, logo da conseguida en Hamburgo 2007. A medalla de bronce foi para o alemán Maik Petzold.

Goméz Noya necesitaba gañar esta última proba e que Alistair Brownlee non acabase entre os cinco primeiros para poder revalidar o seu título, mais ficou ás portas de o conseguir.

Malia todo, mostrouse satisfeito pola súa actuación e recoñeceu a valía do seu rival: "Batendo a miña marca persoal en 10 mil metros (29:17.) e facendo todo o que estaba nas miñas mans para gañar, só me queda felicitar o Alistair Brownlee".

"Foi a carreira máis rápida da historia do triatlón. Con isto está todo dito. Brownlee e eu voamos a pé, mais semella que Alistair ía en patíns", sinalou Gómez Noya.


4,67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: