Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
SURF EN GALIZA

Hawai está na Costa Ártabra

Nesta nova edición do Pantín Classic espérase a chegada de máis de 20 mil visitantes  

Redacción - 17:00 08/09/2009

A competición na praia de Pantín comezou este martes con néboa. Segundo as previsións, espérase unha climatoloxía favorábel respecto ao tamaño e frecuencia das ondas. Serán 48 surfistas os que compitan na primeira xornada e vaticínase superar o número de visitantes da pasada edición que sumaban máis de 20 mil. O XXII Ferrolterra Movistar Pantín Classic comezaba oficialmente a última semana de agosto. Esta edición pechou o ciclo de presentacións o día catro de setembro, coa posta de longo no Concello de Ferrol. 


Tras sortear a crise económica, concederase un total de 120 mil dólares americanos en premios. Porén, este ano eliminouse do programa a competición feminina debido á ausencia de campeonatos complementarios no Tour europeo. O torneo contará con algunhas das máis importantes figuras do surf e co vigués Gony Zubizarreta coma principal atractivo no plano de riders nacionais. O surfista galego impúxose no San Miguel Pro Zarautz, tras gañar a final ao australiano Blake Thornton. Con este resultado Gony chega a Pantín no mellor momenta da súa carreira. O vigués podería converterse no primeiro galego da historia en acceder á máxima proba a nivel internacional.

O surf ten en Ferrolterra o principal enclave galego para a súa práctica. É na zona ferrolá onde este deporte acada a maior popularidade de toda Galiza e onde se proxecta internacionalmente dende 1988. Desta proba, que naceu con vocación de continuidade e que organiza o decano de clubes de surf do país, Océano Surf Clube, pode afirmarse que chegou a converterse en todo un clásico, tal e coma apunta o seu nome. Marcos Rodríguez, director da proba, agradeceu, na posta de longo, o apoio dos patrocinadores privados. Segundo Rodríguez, o surf move a moita xente que se achega de todas partes do mundo axudando ao sector hosteleiro e propiciando o desenvolvemento do turismo no país.


Ligazóns

5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: