Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Nosa Cantiga'

A Mariña portuguesa rescata os oito tripulantes dun barco afundido de Marín

Foron trasladados de madrugada ao porto de Leixões (Matosinhos, Porto), entre estes dous que estaban feridos de carácter leve.

Redacción - 09:00 07/09/2009
Foto: Rui Oliveira (Correio da Manhã)

Foto: Rui Oliveira (Correio da Manhã)

Un barco da Mariña portuguesa rescatou á última hora deste domingo os oito tripulantes dun pesqueiro con base en Las Palmas (Illas Canarias) mais que opera en Marín, o 'Nosa Cantiga', afundido nas proximidades da localidade de Esposende, no norte de Portugal.

Todos os tripulantes rescatados foron trasladados de madrugada ao porto de Leixões (Matosinhos, Porto), entre estes dous que estaban feridos de carácter leve.

A petición de socorro do pesqueiro galego foi recibida pola Mariña lusa e o dispositivo de socorro, en que interveu un buque de guerra, foi coordinado polo Centro de Salvamento Marítimo de Lisboa.

Máis información


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: