Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
RETIRA O BORRADOR DO BIPARTITO

Feijoo anuncia unha nova lei que garanta a "liberdade lingüística" no comercio

A Mesa lembra que 155 leis, decretos e ordes regulan a presenza do castelán na rotulación e na etiquetaxe "fronte a cero que o fan para o galego".

Redacción - 18:00 03/09/2009

O presidente da Xunta anunciou que a nova lei do comercio vai garantir a "liberdade lingüística" na rotulación dos comercios. Deste xeito, suprimirá a obrigatoriedade, incluída no anterior borrador, de que os comercios estivesen, cando menos, sinalizados en galego. O texto fora proposto pola Consellaría de Innovación e Industria que dirixira Fernando Blanco.

Segundo Núñez Feijoo, o Goberno vai "retomar a Constitución e o Estatuto" para que os comerciantes sexan os que "decidan como sinalizar as súas tendas" porque se protexerán "a liberdade de empresa e a lingüística".

Esa "liberdade" tamén se reflectirá na modificación dos mecanismos de protección do pequeno comercio fronte ás grandes superficies, que deberán adaptar a polémica directiva europea Bolkestein.

Resposta da Mesa
A Mesa lamentou a mensaxe "manipulada" sobre a suposta "imposición" do galego nos comercios e lembrou que esa proposta está baseada no Plan de Normalización aprobado en tempos de Manuel Fraga. Engadiu que a súa intención non é impoñer, senón "igualar en dereitos e deberes o galego e o castelán".

O presidente da asociación, Carlos Callón, tachou de "cortina de fume" o anuncio do Executivo, para "tapar" outras medidas "regresivas que afectan o comercio". Ao seu xuízo, "o galego pasa a ser a única lingua do Estado Español sen protección no ámbito empresarial e comercial", e dixo que hai 155 leis, decretos e ordes que regulan a presenza do castelán na rotulación e na etiquetaxe "fronte a cero que o fan para o galego".


2,2/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: