Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Snow Leopard

A nova actualización do Mac OS anima os seareiros de Apple

A blogosfera e, en particular, a rede de 'twitteiros' de Galiza faise eco da nova versión do sistema operativo da compañía da mazá.

Redacción - 16:30 31/08/2009

Apple lanza esta semana a nova versión do seu sistema operativo Mac OS X. O seu nome é Snow Leopard, e inclúe novidades e melloras con respecto ao anterior, denominado Leopard. Ademais, os usuarios do sistema da mazá pódense actualizar por 29 euros, un prezo claramente inferior ao que teñen que desembolsar as persoas que empregan o principal sistema operativo privativo, o Windows de Microsoft.

Pero, por riba de todas as súas características técnicas, o Snow Leopard foi recibido con enorme entusiasmo pola comunidade internauta, especialmente polos usuarios dos produtos Apple. Os usuarios de computadores Mac, que polo xeral tamén posúen iPods e iPhones, xa amosaron a súa decisión de seren os primeiros en encargar o novo sistema operativo, e así o fixeron saber a través da rede.

Se analizamos os principais usuarios de Twitter en Galiza reflectidos na lista elaborada por Alianzo, vemos que hai unha importante maioría de "maqueiros" e que, deles, ninguén se resiste a comentar o novo software da empresa estadounidense. Deste xeito, usuarios como Raúl Ordóñez, andaluz afincado en Lugo que encabeza a clasificación; Manuls, de Pontevedra, que segue á espera do seu Snow Leopard; Héctor Anllo, entre a Terra Chá e Pontevedra, ou Hazzor, dende Compostela, comentan con certa frecuencia as súas experiencias co sistema operacional.

Parece claro que Apple ten unha lexión de seguidores moito máis fiel ca a de Microsoft, e están disposta a mercar os seus produtos, o que tamén se ve favorecido polo seu menor prezo.


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: