Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
APAGÓN ANALÓXICO

O BNG pide convenios con Castela e Asturias para que os galegofalantes poidan ver a TVG dixital

A iniciativa parlamentaria ten lugar pouco despois de que Fala Ceibe do Bierzo denunciara que a comarca corría o risco de quedar sen a canle pública.

Redacción - 12:10 22/08/2009

O deputado nacionalista Bieito Lobeira anunciou este sábado que vén de presentar unha proposición non de lei pola que lle demanda ao Goberno que negocie con Castela León e Asturias a sinatura de convenios para que as comunidades galegofalantes do Bierzo, A Seabra e A Terra Eo-Navia poidan recibir o sinal da TVG dixital. A iniciativa ten lugar poucos días despois de que o colectivo Fala Ceibe do Bierzo denunciase que supresión da televisión analóxica podía afectar de cheo á comarca.

Lobeira lembra que en función do Real Decreto da TDT poderán recibirse as canles públicas de televisión fóra do seu ámbito autonómico cun terceiro múltiplex xa que a concesión do mesmo pode lograrse cun simple acordo entre as comunidades afectadas. Isto xa está a acontecer en Cataluña onde a Generalitat está a negociar con Aragón e Valencia e en Euskadi, onde van comezar as conversas con Navarra para que se poida ver Eitb en dixital.

O parlamentario tamén resalta que a Xunta ten a obriga, polo Plano de Normalización Lingúística, de facilitar o acceso aos medios de comunicación públicos de toda a comunidade lingüística, incluso nos territorios galegofalantes que non entran dentro do actual marco administrativo.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: