Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Rede Galega de Música ao Vivo

Este outono, menos mal que nos queda Portugal!

Seis grupos portugueses xirarán por Galiza este outono, mentres once bandas galegas actuarán no país veciño. O grupo De Outra Margem, que explora o folclore galego-portugués, será unha delas. Vídeo no interior.

Redacción - 18:30 17/08/2009

En De Outra Margem xúntanse cinco músicos galegos e portugueses para recuperar temas do folclore dos dous lados da raia. Lorenzo Suárez, Luis Lechuga, Carlos Villanueva e Gustavo Domínguez uníronse a Abílio Santos para recoller temas case esquecidos e darlles unha nova vida con voz e instrumentación acústica: cavaquinho, contrabaixo, frautas, concertina, harmónica, adufe...

A banda de espírito transfronteirizo levará este outono os seus temas de xira por vilas e cidades de Portugal, ao igual que outras dez bandas galegas: Aló Django, Banda Potemkin, Bukowski Blues Trío, Carmen Dor, Coanhadeira, Lamatumbá, Modulok Trío, Portrait, Som do Galpom e Son+D2. En total serán 25 concertos en Porto, Chaves, Aveiro, Évora, Águeda, Amarante, Estarreja, Fundão, Ovar, Tondela e Torres Novas.

Os concertos son o resultado do intercambio entre a Rede Galega de Música ao Vivo e a rede OuTonalidades. É o segundo ano que se produce este acordo de colaboración entre a Agadic e a Orfeu Associação Cultural, que permitirá tamén que seis bandas lusas actúen en Galiza. Comcordas, Olivetree, Samasati, Sofia Ribeiro, Taberna Revisitada e Uxu Kalhus estarán entre setembro e decembro en Bueu, A Coruña, A Laracha, Allariz, Ferrol, O Grove, Lugo, Melide e Ourense.


Ligazóns

3,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



"Vira galego", De Outra Margem

Os cinco compoñentes do grupo De Outra Margem
Os cinco compoñentes do grupo De Outra Margem