Este sábado celébrase a Feira Rural, unha cita que contará con exhibicións, concursos e actividades lúdicas.
Concienciar sobre a importancia dun desenvolvemento sostíbel, que ten necesariamente a súa orixe no medio rural. Este é o obxectivo que se marca a Primeira Feira Rural de San Sadurniño, unha cita festeira que contará cun importante programa de actividades. Mostras sobre abellas, froita autóctona, doma de cabalo ou actividades deportivas como a baixada libre polo río Xubia en kayak son algunhas das actividades desta xornada lúdica e informativa a un tempo.
Velaquí o programa de actividades:
10:00h. Inauguración da Feira
Exposicións Permanentes:
-Abellas
-Froita Autóctona
-Fotografía: "Unha imaxe, unha melodía... un recordo"
-Construción do Convento do Rosario Expositores
-Entidades e empresas relacionadas co medio rural
-Postos de venta de produtos de horta
11:00h.-Inauguración dos Xardíns do Pazo.
Visita da Marquesa de San Sadurniño
Concurso da Froita Autóctona
10:30 h.-Presentación
10:45 h.-Inscrición de participantes
13:00 h.-Entrega de Premios do concurso
13:30h.-Degustación de froita e requeixo con mel e sidra.
18:00h.-Sorteo de lotes de Froita Autóctona.
Para xantar a fartar: churrasco, pan e viño (10 Euros)
Actividades
11:00 a 18:00h.-Baixada libre polo río Xubia en Kayak
16:00 a 17:00h.-Demostración de doma de cabalo (PURAGA)
17:00 a 18:00h.-Exhibición de adestramento deportivo de cans (G.T.GERIÓN)
18:00 a 19:00h.-Exhibición de coches radio control e avioneta Actuacións musicais
10:30h.-Charanga Os Jalochos
12:00h.-Festicultores Troupe
19:00h.-Berros do Castro
20:15h.-Clausura da Feira