Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Nun xulgado barcelonés

Rexeitada a denuncia da SGAE a unha web que enlazaba páxinas de descargas audiovisuais

O xuíz entende que o sitio web, aloxado en servidores da empresa RedCoruna, non obtén beneficios directos por facilitar ligazóns.

Redacción - 18:00 05/08/2009

"É unha derrota máis tanto para SGAE como para todo o movemento 'antipiratería', e para todos aqueles que intentan criminalizar o intercambio de arquivos en internet", destacan este mércores desde a empresa galega RedCoruna, en cuxos servidores estaba acubillada a web El rincón de jesús, que inclúe ligazóns a outras páxinas de descarga gratuísta de contidos audiovisuais.

O xulgado nº7 de Barcelona desestimou a solicitude de medidas cautelares que fixera a Sociedad General de Autores (SGAE) reclamando peche definitivo da web. Entende o tribunal que o sitio non obtiña ningún tipo de beneficio económico como contrapartida por incluír eses enlaces.

A maiores, o maxistrado avalía que o P2P "non vulnera a propiedade intelectual", considerando que se trata dun simple sistema de transmisión de datos entre usuarios de internet que "non violaría dereito algún protexido pola Lei da Propiedade Intelectual". Expón o xuíz García Orejudo que nestas redes tamén existe material que non está suxeito a dereitos de autor, e obras que aínda tendo protección de copyright, "a súa protección no está encomendada á SGAE".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: