Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MANIFESTO DOS ESCRITORES

"Só podemos estar no mundo como galegos, e iso só é posíbel desde a nosa lingua"

A AELG realizou un ofrenda ao pé da estatua de Rosalía, na Alameda compostelá.

Redacción - 09:30 25/07/2009

A Asociación de Escritores en Lingua Galega deu lectura a un manifesto público este venres 24 de xullo para denunciar a creba do proceso de restitución á normalidade do noso idioma impulsada polo actual goberno galego. Foi na Alameda de Compostela, ao pé da estatua de Rosalía.

O texto comezou explicando que os escritores "revirados estamos contra unha xenreira que naceu en pechos corazóns contra a palabra de noso". E salienta que "por nacenza e por vocación só queremos e só podemos estar no mundo coma o que somos, coma galegos, e iso só é posíbel desde a nosa lingua". Finalmente, concliuí que "non se pode ser galego contra o galego. Mesmo non é posíbel selo sen sentir no corazón o orgullo do idioma. Hoxe, cando o poder gobernante tenta abrir unha fenda na sociedade, esta conciencia debe defenderse máis do que nunca".

Le e descarga aquí o manifesto completo (.pdf)


4,73/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: