Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN AMSTERDAM

Os peixes xa teñen o seu propio hotel

Os turistas holandeses poderán deixar ás súas mascotas nun exclusivo acuario situado no aeroporto internacional mentres están de viaxe.

Redacción - 11:45 17/07/2009
Os peixes recibirán coidados individuais

Os peixes recibirán coidados individuais

Tanto os peixes de auga doce como os de auga salgada. Todos teñen cabida nun exclusivo hotel para mascotas acuáticas situado no aeroporto internacional de Amsterdam. A idea é que os turistas non teñan que preocuparse polo futuro dos seus peixes cando inicien unha viaxe e, así, poden deixalos nun aloxamento apropiado para eles, no que reciben todos os coidados.

A iniciativa busca, sobre todo, a comodidade dos viaxeiros, que poden deixar os seus peixes cando saen de viaxe e recollelos cando regresan. A única condición para deixar a súa mascota no albergue é reservar as vacacións a través dunha axencia de viaxes que conte coa posibilidade de ofrecer este servizo.

A empresa garante que cada peixe se hospedará nun acuario independente, para evitar un eventual conflito entre hóspedes, nunha zona acondicionada na plana baixa do aeroporto. Con todo, segundo figura no contrato, se se produce unha morte inesperada, a axencia non se fará responsábel xa que hai que ter en conta a alta mortaldade deste tipo de mascotas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: