Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Servizo web

Un grupo online de Traballo Social estudará mellorar a atención á Dependencia

A web do CODTS incorpora unha ferramenta colaborativa para favorecer o desenvolvemento de grupos de traballo sobre temas sensíbeis.

Redacción - 17:00 15/07/2009

A web do Colexio Oficial de Traballadores Sociais (CODTS) acaba de engadir unha nova ferramenta para favorecer o desenvolvemento de grupos de traballo. Sinerxías é unha plataforma web para xestionar a actividade de profesionais de todo o país para afondar en temas específicos de grande sensibilidade.

O primeiro dos grupos en empregala é o dedicado á análise do "Servizo de Atención á Dependencia", para crear paneis de monitorización que avalíen o servizo a través de indicadores de calidade. Deste xeito quere contribuír a mellorar a xestión desa axuda, que contan con máis de 79 mil demandantes, das que menos de 17 mil recibiron resolución. O colexio achegaralle á Consellaría de Traballo e Benestar as conclusións do proxecto, previsibelmente no primeiro trimestre de 2010.

Segundo explicou a presidenta do CODTS, María Xosé Redondas, "os grupos de traballo xorden a iniciativa da propia colexiación", para que, alén "do seu posto ou a súa xornada laboral" poidan "colaborar en temas de máxima prioridade social, como a Dependencia". O traballo online segue a filosofía de potenciar as novas tecnoloxías e de "constituír unha fórmula óptima para artellar o labor dos grupos".

A ferramenta está deseñada para favorecer a colaboración, a comunicación e a xestión do traballo colectivo. A través de Sinerxías xa está a traballar o grupo "Análise do Servizo de Atención á Dependencia". Despois do verán sumaranse "Muller e Saúde" e poñerase en marcha outro sobre Inmigración.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: