Este sábado disputarán a final contra Arxentina.
A selección española de hóckey, composta case totalmente por xogadores de Cataluña, clasificouse para a final do Campionato do Mundo que se disputa en Vigo, logo de se impor este venres á noite por 2-1 á portuguesa en semifinais.
A mínima vantaxe española coa que se chegou ao descanso auguraba una segunda metade de infarto, como así foi. Ordeig aumentouna nunha contra, mais cinco minutos máis tarde Oliveira non perdoou de falta directa.
A selección española pechouse atrás e o 2-1 non se moveu do marcador, polo que este sábado se enfrontará a Arxentina na final.