Xesús Vázquez considera que o actual conflito lingüístico se deriva da imposición que da nosa lingua se quixo facer no sistema educativo.
O proceso de consulta aos pais sobre a utilización do galego no ensino está resultando "máis lento do esperado", segundo recoñeceu este venres o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez. Asegurou que "hai moita xente traballando" no proceso de apertura e lectura das enquisas pero subliñou que é un procedemento "moi moi lento".
Ademais, informou de que o procedemento de apertura "é individual" e require "sumo coidado" para que os lectores ópticos as recoñezan e non sexa necesario "teclear unha a unha, a man". A esta dificultade engádese a de que moitas delas veñen pechadas con fixo, o fai que codificar os datos leve "moitos segundos".
Conflito lingüístico
Doutra banda, o conselleiro salientou que a lectura dos datos está a piques de rematar na provincia de Pontevedra, se ben non quixo adiantar ningún balance, xa que asegurou que "é un proceso que debe contar con todas as garantías" e "non se pode xogar con datos que poden ser parciais" ao referírense só a unha cidade ou comarca.
Finalmente asegurou que "o galego non supón ningún conflito", senón que éste vén dado pola "imposición do galego no sistema educativo, que non satisfacía aos pais".
Vídeo: Xesús Vázquez asegura que non existe o conflito lingüístico e explica a demora no resultado das enquisas