Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enquisa entre hoteis

Franceses e españois, os peores turistas do mundo

Unha empresa de viaxes publica unha clasificación na que considera as persoas do Xapón como as máis amábeis, educadas e menos problemáticas.

Redacción - 10:00 11/07/2009

Un estudo elaborado pola empresa de viaxes Expedia valorou cales son os mellores e os peores turistas do mundo. Mediante unha enquisa a 4.500 hoteis de todo o mundo, valoráronse todo tipo de parámetros, como a amabilidade, a facilidade para aprender idiomas ou a xenerosidade.

A clarificación encabézana os turistas xaponeses por terceiro ano consecutivo. Considéranos limpos, ordenados, educados, calados e pouco dados a protestar. No outro extremo están os franceses, cualificados como maleducados, avarentos e pésimos en falar linguas estranxeiras. No seu favor, foron os terceiros máis elegantes e non quedaron mal en discreción e limpeza.

Na clasificación xeral, o turismo canadense quedou en terceiro lugar, despois do xaponés e do británico. Os derradeiros postos da táboa foron, despois dos franceses, para os españois e os gregos. No caso dos británicos, deuse o caso de que son os peor considerados entre os europeos, aínda que, a nivel mundial, ficaron na mellor posición como educados, silenciosos e os segundos máis elegantes despois dos italianos.

A pesar do que poida parecer, os turistas estadounidenses foron aos que menos lles importou pedir a comida na lingua do lugar de adopción. Tamén son líderes en xenerosidade, en gasto e en dar propinas, mais son os máis desordenados, ruidosos, queixosos e os peor vestidos.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: