Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Emisión en directo na TVG

A Liga de Campións en galego desde agosto

Por vez primeira, a competición futboleira europea chegará á grella da Galega o mes que vén. A FORTA amarrou os dereitos para tres anos.

Redacción - 17:00 08/07/2009

A festa futboleira comezará o 18 de agosto, día no que un programa especial debullará a vindeira edición da máxima competición europea de clubes, a Liga de Campións. Un día máis tarde, o mércores 19, os seareiros poderán ver o primeiro partido da quenda clasificatoria. De alí a unha semana, mércores 26, os partidos de volta, e o día 27 desde Mónaco o sorteo dos enfrontamentos do campionato nos meses vindeiros.

De xeito estábel, a Galega vai retransmitir en aberto todas as xornadas dos mércores. Alén dos dous partidos de agosto, haberá seis da primeira fase de setembro a decembro, catro de oitavos en febreiro e marzo, dous enfrontamentos de cuartos, as semifinais en marzo e abril e, o sábado 22 de maio de 2010, a final desta Liga de Campións. Por outro lado, o 28 de agosto, a CRTVG tamén ofrecerá a Supercopa, que enfrontará o FC Barcelona e o Shakhtar Donets ucraíno.

De xeito paralelo, a televisión pública galega estabeleceu programas especiais os martes e mércores de competición, onde fará peneira de goles, anécdotas e aconteceres diversos de cada xornada. Doutra banda, os partidos poderán seguirse tamén en todo o Estado a través do portal da galega en internet, CRTVG.es.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: