Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Miguiapractica.com

A primeira rede social sobre empresas 'made in Galiza'

Un grupo de emprendedores do país pon en marcha unha nova web que servirá de guía para os consumidores e de promoción para os negocios.

Redacción - 18:45 07/07/2009

Un equipo de seis galegos puxo en marcha Miguiapractica.com, unha rede social que pretende interconectar os usuarios cos estabelecementos. É dicir, os internautas valoran os servizos que prestan diferentes empresas, e as firmas poden publicitar o seu negocio e presentar ofertas especiais.

Como todas as redes sociais, é preciso rexistrarse, un proceso de balde, agás para as empresas que desexen facer algunha oferta, que deben enviar unha mensaxe de texto. Segundo explicou o responsábel da parte informática, Pablo Calviño, as vantaxes do servizo son, para os internautas, poder buscar opinións e servizos segundo as súas necesidades como, por exemplo, onde comer nun determinado lugar.

As valoracións van acompañadas de etiquetas, fotografías ou vídeos dos usuarios da rede social. Para as empresas, supón un xeito de xeorreferenciar (marcar nun mapa) a situación exacta do negocio e ofrecer ofertas especiais aos usuarios, que poderán cambiar mediante códigos. Ademais, os estabelecementos poden coñecer as impresións sobre eles e sobre a súa competencia, e obter indicacións sobre os aspectos que poden mellorar.

En principio, a rede social está pensada para relacións entre usuarios e empresas, aínda que Pablo Calviño non descartou que, nun futuro, se poida incluír tamén ofertas de traballo. A súa finalidade é esa: buscar as mellores ofertas e a súa localización espacial, aspecto que se potencia co uso de dispositivos móbiles con conexión á rede.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: