Unha nova sonda da NASA envía as súas primeiras imaxes da superficie do satélite terrestre, captadas con alta resolución.
A sonda da NASA Lunar Reconnaissance Orbiter comezou a transmitir as primeiras imaxes dende a súa chegada á lúa, o 23 de xuño. As cámaras da nave están a obter fotografías de moi alta resolución da superficie lunar. As fotos inaugurais corresponden ás zonas do sur do Mare Nubium (mar das nubes).
O satélite está a construír un mapa fotográfico de toda a superficie da lúa. Estas primeiras fotografías están tomadas nunha área no luscofusco, o que esaxera os accidentes xeográficos. En realidade, amosan unha zona bastante chá, semellante a onde aterrara o Apolo 16 en 1972. Cada unha das imaxes amosa unha superficie de arredor de 1,4 quilómetros, cunha exactitude de tres metros.