Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
taekwondo galego

Estefanía Hernández consegue o ouro na Universiada de Belgrado

A taekwondista de Ribeira derrotou, nunha apertada final, á tailandesa Premwaew Chonnapas por 1-0.

Redacción - 11:25 06/07/2009
Estefanía Hernández, en combate

Estefanía Hernández, en combate

A taekwondista Estefanía Hernández cumpriu o obxectivo marcado na Universiada de Belgrado 2009, conseguindo a medalla de ouro na categoría -63 quilogramos. Hernández impúxose, nunha apertada final, á tailandesa Premwaew Chonnapas por 1-0. En semifinais, a ribeirense conseguiu derrotar á chinesa Chang Chiung-Fang por 3-2.

Coa medalla de Fani Hernández, de 23 anos, o equipo español conseguiu o seu cuarto metal -tres outros e un bronce-; e a taekwondista acrecentou con máis un título o seu palmarés: Hernández foi campioa galega absoluta nos anos 2001, 2003, 2005, 2006, 2007 e 2008; gañou o Campionato de Europa de taekwondo desenvolvido en 2008, en Roma; foi Subcampioa do Mundo universitaria no 2008; Campioa estatal absoluta no 2008 e 2009; e Campioa universitaria estatal no 2008.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: