Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Copyright

Queren cobrar dereitos de autor cada vez que soe un móbil

Unha entidade estadounidense alega que as melodías se deben considerar difusión pública de obras protexidas.

Redacción - 19:30 03/07/2009

As entidades de defensa de dereitos de autor poderían ver moi incrementados os seus ingresos se sae adiante unha denuncia presentada pola estadounidense ASCAP. A sociedade presentou unha demanda contra a empresa de telecomunicacións AT&T na que alega que as melodías de móbil se deben considerar difusión pública segundo a lei de copyright.

A ASCAP cobra licenzas para os seus 350 mil asociados e está a facer presión para conseguir recibir tamén fondos das empresas de telefonía móbil. No caso de que non atendan as súas peticións, ameazaron con reclamar os usuarios de móbiles por infrinxir os dereitos de autor.

O grupo de defensa dos dereitos civís na rede Electronic Frontier Foundation (EFF) xa rebateu estes argumentos, asegurando que a lei estadounidense exclúe a reprodución "sen intención de obter directa ou indirectamente vantaxes comerciais", e afirma que os argumentos da ASCAP fan que calquera que escoite música no coche cos vidros baixados pode estar a cometer unha ilegalidade.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: