Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN

A Mesa impulsa a creación dunha plataforma social en defensa do galego

O colectivo convida a diferentes entidades para facer unha fronte común.

Redacción - 20:08 02/07/2009
Tags:

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de facer unha convocatoria aberta a todas as entidades que teñan interese en formar parte dunha plataforma social en defensa do galego. A xuntanza celebrarase o vindeiro martes 7 de xullo ás 17 horas na Galería Sargadelo de Santiago.

Dende a Mesa fan fincapé no carácter plural da convocatoria por que “a lingua a todas e a todos nos afecta, a todas e a todos nos implica”. Entre os asuntos que se abordarán estará o dunha Iniciatiava Lexislativa Popular que garanta o dereito a poder vivir en galego.
 


4,38/5 (26 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: