Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"pola sustentabilidade"

A Xunta pide en Bruxelas unha mellora dos sistemas de xestión da política pesqueira

Presidencia o seu posicionamento sobre a reforma da Política Pesqueira Común (PPC) e demandou unha consideración dos "aspectos sociais" neste sector.

Redacción - 09:00 01/07/2009
Flickr: borrazas

Flickr: borrazas

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reclamou esta terza feira en Bruxelas o impulso de mellores e máis eficaces sistemas de xestión da política pesqueira comunitaria, a súa integración no contexto da política marítima europea e a consideración do sector e os aspectos sociais vinculados á súa actividade para lograr que o emprego no mar resulte "atractivo" para a mocidade.Así o defendeu na xuntanza da Comisión de Desenvolvemento Sustentábel (DEVE) do Comité das Rexións da UE, onde se realizou un primeiro posicionamento sobre a reforma da Política Pesqueira Común (PPC) e o futuro da acuicultura.

O representante da Consellaría de Presidencia presentou as directrices sobre as que debería sustentarse, segundo o Goberno, o proceso de revisión da lexislación comunitaria neste ámbito que se efectuará nos vindeiros catro anos. Gamallo Aller expuxo, ademais, a necesidade de que se garanta unha explotación dos recursos pesqueiros en condicións económicas, ambientais e sociais sustentábeis, de xeito que se protexan as poboacións, hábitats e intereses socioeconómicos dos mariñeiros e as comunidades pesqueiras.

Reformando a PPC
O primeiro documento de traballo sobre futuros ditames da PPC someterase á súa aprobación na seguinte reunión da comisión, prevista o 19 de outubro, e, posteriormente, no pleno dos días 2 e 3 de decembro.

O proceso de reforma da PPC iniciouse en maio deste ano co lanzamento dunha consulta pública por parte da Comisión Europea. O prazo de recepción de propostas concluirá en decembro, e no primeiro semestre de 2010 a CE asumirá os resultados e elaborará un informe, así como un novo regulamento de base que remitirá ao Parlamento Europeo e ao Consello de Europa a comezos de 2011.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: