Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Rede sen fíos

Dúas empresas galegas levan internet aos tranvías barceloneses

Cinco trens contarán coas conexións, de balde para o público, durante un período experimental de seis meses.

Redacción - 19:30 30/06/2009
Un dos tranvías de Barcelona

Un dos tranvías de Barcelona

Dúas empresas galegas, Arteixo Telecom e Level Telecom, desenvolveron un proxecto que levará a internet sen fíos e de balde ao tranvía de Barcelona. Cinco trens xa están a experimentar este sistema, durante seis meses, na que será unha iniciativa pioneira en Cataluña.

Segundo Tram, se a iniciativa ten éxito, estenderase a toda a frota. Nos vagóns que dispoñen do servizo, adhesivos informan da posibilidade de conectarse á internet, mediante as tecnoloxías WiFi e 3G/HSPA e largo de banda de até 7,2 megabits por segundo, que permite que moitos pasaxeiros se conecten á vez.

A tecnoloxía empregada por Arteixo Telecom e Level Telecom "triplica a velocidade da meirande parte das liñas ADSL" e garante a estabilidade da conexión. No caso de que falle a ligazón por un determinado intervalo de tempo, empregarase automaticamente a rede móbil, por orde de prioridade descendente. Tamén se garantirán a confidencialidade e a seguridade das comunicacións.

O concello da capital catalá traballa, tamén, no proxecto WiFi ciutadà, co que conta con levar conexións de balde a 500 puntos da cidade, como bibliotecas, centros cívicos, museos, mercados ou parques.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: