O sitio non deixou de funcionar dende que o pasado mes de marzo a Asociación Coruñesa de Skaters comezou a informar mediante a rede das actividades que levan a cabo.
A Asociación Coruñesa de Skaters constituíuse como unha entidade xurídica sen ánimo de lucro, coa intención de que "os patinadores da Coruña teñan unha representación organizada ante as entidades públicas". A asociación foi creada o pasado 13 de marzo, participando na súa fundación patinadores da cidade como Juan Lugedo Nine (presidente), Juan Masip Herrero (vicepresidente), David Lougedo Nine (tesoureiro) e Diego Recouso Rellán (secretario).
Esta organización encárgase ademais da organización de diferentes eventos como a conmemoración do día internacional do monopatín, que congregou o 21 de xuño a ducias de patinadores na praza de Santo Cristovo. Ademais de servir como foro para a relación entre os patinadores da Coruña, na páxina achéganse fotografías e vídeos sobre as actividades nas que participan.