Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Urbanismo

A xestión do alcalde de Trazo, denunciada no Consello de Contas

O PSdeG presenta un escrito na institución para que fiscalice a contratación de obras no Concello dende 2004.

Redacción - 18:00 26/06/2009
O alcalde Xosé Dafonte

O alcalde Xosé Dafonte

O grupo municipal do PSdeG de Trazo solicitoulle ao Consello de Contas, o ente fiscalizador da Administración pública en Galiza, que proceda a fiscalizar a contratación das obras do Concello de Trazo (Ordes).

Os edís socialistas Beatriz Domínguez e Xavier Castiñeiras presentaron este venres pola mañá diversa documentación onde se detallan as supostas irregularidades cometidas polo alcalde, Xosé Dafonte (PPdeG), na adxudicacións efectuadas dende 2004.

"O Concello de Trazo está a fraccionar todos os proxectos de obras a fin de utilizar nas contratacións administrativas o procedemento negociado sen publicidade e outorga á mesma empresa todos os contratos das obras de pavimentación e melloras de estradas", denuncian.

É dicir, se a contía das obras non supera unha cifra determinada, estas pódense adxudicar directamente sen concurso público, polo que consideran dende o PSdeG que a fragmentación se realizaba por este motivo, algo contrario á Lei de Contratos das Administracións Públicas.

Neste senso, acusan directamente o alcalde de adxudicar máis de 1,7 millóns de euros por este procedemento á empresa Excavaciones Cernadas Valiña.

"Nós xa advertimos e denunciamos a situación diante do pleno municipal, pero o señor Dafonte non se dignou sequera a telo en consideración, polo que agora agardamos que sexa o Consello de Contas o que confirme que o alcalde de Trazo está a incumprir a lei de xeito reiterado dende 2004", sinalou Domínguez.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: