Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTATÍSTICA

Dende xaneiro de 2008, as granxas de leite perderon unha media de 24.700 euros pola caída de prezos

A asociación Serra do Bacelo volve a poñer enriba da mesa a necesidade dun gran grupo lácteo autóctono.

Redacción - 19:15 24/06/2009

Entre xaneiro de 2008 e marzo deste ano as familias galegas que se dedican á produción de leite viron como descendía un 35% os seus ingresos brutos. Segundo un estudo elaborado pola Asociación Galega Serra do Bocelo, unha explotación media do país (cunha cota anual de 151 mil litros) tería perdido de ingresar neste período un total de 24.726 euros. Mentres, pola contra, os custes de produción terían subido substancialmente.

Serra do Bocelo fai este cálculo logo de analizar a morfoloxía das algo máis de 12 mil granxas galegas. Máis do 65% das mesmas teñen unha cota inferior aos 150 mil litros anuais; un 30,6% producen entre 150 e 500 mil litros ao ano: mentres que menos dun 4% das granxas ten un nivel de produción superior ao medio millón de toneladas cada ano. Da perda de riqueza que se está a dar coa caída do prezo do leite dá idea o dato de que Galiza produce 2,2 millóns de toneladas ao ano, o que significa máis do 36% de todo o Estado Español.

Alternativas

A asociación recomenda a existencia dun contrato homologado, a busca dun prezo mínimo para o leite, o control do “dumping” e o traballo orientado para a creación dun gran grupo lácteo galego. Ademais, Serra do Bacelo pide que se potencien ferramentas como o Banco de Terras, que axuda a aforrar en custes de produción.


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: