Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CARREIRA DA COPA MUNDIAL DE TRIATLÓN

Gómez Noya segue mellorando e remata segundo en Washington

O ferrolán é o principal protagonista dunha fin de semana en que tamén brillaron as mozas do Club Fluvial de Lugo e xuvenil Diego Paz.

Redacción - 12:00 22/06/2009
O grupo de cabeza, co Capitolio ao fondo (clic para ampliar)

O grupo de cabeza, co Capitolio ao fondo (clic para ampliar)

Xavier Gómez Noya segue recuperando a forma no inicio da tempada e rematou segundo na terceira carreira do novo Campionato Mundial (substitúe este ano ás antigas series mundiais). O ferrolán semella ter atopado este ano un rival á súa altura no británico Alistair Brownlee, que suma dúas vitorias nas dúas últimas carreiras, e ocupa a primeira posición na clasificación xeral.

Polo momento as diferenzas son pequenas nesta listaxe, e o ferrolán mantense en cuarto lugar cando aínda quedan por diante catro carreiras normais e a última, que se disputará o 13 de setembro en Australia e na que hai máis puntos a repartir. Das oito carreiras contan só os cinco mellores resultados, polo que Gómez Noya ten aínda marxe para recuperarlle terreo ao seu novo rival, que con tan só 21 anos está sorprendendo aos afeccionados ao triatlón cun espectacular inicio de ano. A seguinte entrega deste duelo terá lugar o 12 de xuño en Kitzbühel , Australia.

Boa fin de semana para os galegos
Do resto de resultados do triatlón galego nesta fin de semana destaca o Campionato de Europa Júnior por equipos acadado por Diego Paz. O deportista do Club Atletismo Porriño participaba na selección estatal xunto a Jordi García e David Castro. A competición disputouse na localidade italiana de Tarzo Revine e alí o equipo de Diego Paz avantaxou en 14 segundos ao equipo chego, que rematou segundo. En Xixón tamén se disputou a Copa por equipos, onde o Cidade de Lugo Fluvial acadou o terceiro lugar en categoría feminina e a cuarta n a masculina.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: