Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifestación

Cangas lanza un SOS por Massó

O foro social Cangas non se vende e a confraría da San Xosé convocan este sábado un multitudinario acto de rexeitamento á obra do Salgueirón.

Redacción - 17:30 20/06/2009

O foro social Cangas non se vende e a confraría de pescadores da vila do Morrazo convocan unha manifestación este sábado para amosar, unha vez máis, a súa repulsa pola obra do porto deportivo que se pretende construír nas antigas instalacións de Massó, no Salgueirón. A mobilización partirá ás oito da tarde da Alameda Vella.

A organización fai un chamamento á poboación para que se sume ao acto, que pretende alertar polo atentado ecolóxico e "gran pelotazo especulativo" que vai supoñer esa obra, que podería provocar, ademais, a perda de 500 empregos no mar.

Cangas non se vende e a confraría consideran que agora é o momento de parar esa desfeita e de descriminalizar, dunha vez por todas, as persoas que se opoñen a esa construción. Baixo o lema S.O.S. Massó, a manifestación ten previsto rematar perante a obra.


4,33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: