Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NAS OPOSICIÓNS

Os sindicatos mobilízanse para que se manteña a obriga de realizar algunha proba en galego

A CIG, UXT e CCOO asinan un manifesto conxunto no que exixen a retirada das modificacións introducidas polo goberno na Lei de Función Pública.

Redacción - 14:05 11/06/2009
As oposicións poderanse facer integramente en castelán

As oposicións poderanse facer integramente en castelán

Logo de que o goberno aprobase pola vía extraordinaria a modificación da Lei de Función Pública de cara a suprimir a obrigatoriedade de que se faga unha proba en galego nas oposicións, os sindicatos coa representación maioritaria nas administracións públicas galegas (CIG, UXT e CCOO) uníronse na súa contra.

Asinan un comunicado no que consideran que a proposta de modificación da Lei da Función Pública (LFP), leva pola Consellaría de Presidencia á Mesa da Función Pública "é un grave retroceso no proceso de normalización lingüística do noso idioma e un impedimento para a aplicación da Lei de Normalización Lingüística". Consideran que o uso da lingua na administración "é un elemento de garantía para salvagardar os dereitos de uso do noso idioma, por parte das administradas e administrados, e forma parte dos principios de conduta das empregadas e os empregados públicos".

Concentración ante o Parlamento
Coa exixencia de que non se modifique o artigo 35 da LFP e que se manteña a obrigatoriedade de realizar "unha ou máis probas dos procesos selctivos exclusivamente en lingua galega", convocan unha concentración de delegados das tres organizacións para o vindeiro martes 23 de xuño, día no que esta modificación será debatida no Parlamento.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: