Reivindica que se restableza na radio pública un programa diario que dea conta das novidades musicais editadas en galego.
O manifesto, que se pode asinar na páxina de Komunikando.net, comeza lembrando, ao igual que o facían Fanny&Alexander en Vieiros hai uns días, a obriga legal que os medios públicos do país teñen "na promoción e difusión da cultura e lingua galega". Sobre esta base denuncia a "eliminación da música galega do programa Aberto por Reformas" e a "deformación e perversion dos seus contidos" e conclúe demandando "que se restabeleza un programa diario que dea conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas" e así mesmo "que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral".
Le e asina aquí o manifesto
Descarga o manifesto (.pdf)