Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIAN INTERESES POLÍTICOS DETRÁS DA POLÉMICA

Os Equipos de Normalización alertan do perigo dunha “fractura social”

A coordenadora de docentes vai distribuir milleiros de dípticos en centros públicos e concertados para que os pais teñan información con criterior pedagóxicos para cubrir as enquisas de Educación.

Redacción - 19:40 08/06/2009

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (ENDL) vai distribuir nos vindeiros días ducias de milleiros de dípticos en todos os centros de educación non universitaria. A coordinadora quere darlle aos pais información sobre a importancia da presenza da lingua autóctona no sistema educativo. Valentina Formoso, voceira desta plataforma, sinalou que se está a dar un debate eminentemente ideolóxico e que, pola contra, o díptico quere achegar estudos rigorosos e pedagóxicos: “Dirixímonos aos pais porque intereses políticos, e non educativos, crearon un problema no ensino sobre dúas linguas oficiais da comunidade, que pode derivar nunha perigosa fractura social”.

Os dípticos comezarán a chegarlle esta mesma semana aos equipos de normalización, que se encargarán de distribuilos en cada centro, fundamentalmente a través das asociacións de pais. A idea é abranguer a practicamente todos os centros públicos e concertados que existen en Galiza.  Formoso subliña que o obxectivo é dar unha visión como docentes de que “temos unha lingua propia e das vantaxes que ten aprender en galego. Nós queremos que o alumnado sexa igual de competente en galego coma en castelán”.


4,77/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: