Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓN

'Pachi' Vázquez subliña que o PSdeG “resiste mellor” que o PSOE

O socialista lamenta o “momento difícil” que vive o Bloque e sinala que o futuro do seu partido en Galiza pasa por gobernar en solitario.

Redacción/Europa Press - 00:53 08/06/2009
Tags:

O PSdeG mantén o tipo. Isto é o que pensa o seu líder 'Pachi' Vázquez. Como proba sinalou que mentres o PSOE caía case cinco puntos a nivel estatal o PSdeG non chega a perder dous. Para o socialista, esta é a mellor demostración de que o seu partido é a “única alternativa seria” ao PP en Galiza.

Logo de felicitar ao PP, Vázquez sinalou que o BNG está a pasar un “momento difícil”. “Non é un bo día para o Bloque, desexo que se recupere”, dixo. Posteriormente, volveu a reiterar que o obxectivo do PSdeG é gobernar Galiza en solitario dentro de catro anos: “Temos un proxecto propio e estes datos apuntan a que estamos na boa dirección.”


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: