Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MARTES E MÉRCORES NO CINECLUBE

Maria Ruído presenta o seu 'Plan Rosebud' en Compostela

A directora estará presente nas dúas sesións para participar dun debate sobre o filme, mellor documental no Festival Independente de Cine de Nova York.

Redacción - 18:17 01/06/2009
María Ruído

María Ruído

"Non hai un documento de cultura que non o sexa tamén da barbarie. E igual que el mesmo non está libre de barbarie, tampouco o está o proceso de transmisión no que pasa dun a outro. Por iso o materialista histórico distánciase del na medida do posible. Considera cometido seu pasarlle á historia o cepillo a contrapelo" (Walter Benjamin)

Plan Rosebud é un "ensaio visual" realizado baixo o patrocinio do Centro Galego de Artes da Imaxe no marco do Proxecto Edición, que tenta, co gallo da Lei da Memoria Histórica, artellar un filme sobre como se constrúen as políticas da memoria, contrapondo principalmente os exemplos español e británico, na procura dunhas diferenzas que non o son tanto. No fondo deste documentario "sen tese", está o feito da cousificación a memoria e de como os lugares históricos deviron espazos turísticos a través dunha imaxe construída polo poder.

O filme está dividido en dúas partes, cada unha das dúas a proxectar nun día. Plan Rosebud 1: A escena do crime, que se proxecta o martes 2 de Xuño, desmiuza os principios políticos, culturais e económicos activados a partir da Lei da Memoria Histórica de 2006, confrontándoos cos casos similares da memoria da II Guerra Mundial en Inglaterra e Francia. Pola súa banda, o mércores 3 de Xuño proxectarase Plan Rosebud 2: Convocando as pantasmas, que continúa co mapeado critico sobre as políticas da memoria localizando testemuñas, neste caso sobre os últimos anos do franquismo (e as empresas que naceron del), a transición como pacto de elites e o seu desenvolvemento posterior (coa explosión do punk e da Movida), vistos desde o coñecemento de persoas particulares y dalgúns integrantes dos movimentos sociais que xurdían paralelos aos partidos. Esta segunda parte do filme obtivo o premio ao mellor documental internacional no último Festival Independente de Cine e Vídeo de Nova York celebrado o pasado marzo.

Até o momento o documental tivo un número moi limitado de proxeccións, tanto en Galiza (onde se puido ver no CGAC durante algúns meses), coma no resto do Estado, e na súa distribución internacional. As sesións comezarán o marte o mércores ás oito e media da tarde no local do Cineclube de Compostela, no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21). A directora estará presente nas dúas sesións, para presentar o seu filme e participar dun debate despois das proxeccións. Trátase, pois, dunha ocasión única para afondar nun dos traballos audiovisuais realizados nas últimas décadas no noso país.

Notas sobre Plan Rosebud: sobre imaxes, lugares e políticas de memoria (artigo de María Ruído)


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: