Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Na proba de Madrid

Gómez Noya entra no Mundial chimpando ao podio

Por outro lado, éxito da triatleta Saleta Castro en Murcia, onde venceu con autoridade na proba de ámbito estatal.

Redacción - 08:00 01/06/2009

O ferrolán confirma a potencia coa que inicia a tempada logo das lesións. Despois de facer segundo na europea de Pontevedra, chegou terceiro este domingo. "Non chego perfecto pero hei tratar de estar o máis arriba posíbel", confesaba Xavier Gómez Noya na véspera de competir na proba do Campionato do Mundo de Triathlon, en Madrid. E ao bo fe que deu todo de si o ferrolán nunha esixente proba coa complicación adicional dunha elevadísima temperatura no mediodía madrileño.

Logo de sufrir o inverno coa lenta recuperación dun problema co tendón de Aquiles e co adestramento restrinxido durante moito tempo só a bicicleta e natación, o triatleta ferrolán xa dera mostra da súa rapidez en coller a forma na proba do europeo en Pontevedra, onde rodeado polos seareiros do país a piques estivo de conseguir o triunfo. Agora, e cun mes escaso adestrando a carreira a pé, só o británico Alistair Brownlee e o australiano Courtney Atkinson foron máis rápidos ca el en chegar á liña de meta. "Isto só pode ir a máis", prognostica un motivado Noya que se ve a cada paso máis forte na competición.

A actualidade dos triatletas galegos tráenos tamén a boa nova da vitoria de Saleta Castro na proba de Águilas, en Murcia, onde fixo primeira cun tempo de 1h03'40''. Antes do campionato estatal, que será en Cangas o próximo setembro, haberá unha cita máis tamén clasificatoria, en Ferrol o próximo 13 de xuño.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: