Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No caixón durante o último Goberno

Educación buscará aprobar unha Lei de Universidades nesta lexislatura

O conselleiro do ramo, Xesús Vázquez, tamén se comprometeu á elaboración dun novo plan de financiamento para as institucións.

Redacción - 10:00 30/05/2009


O compromiso para a elaboración dunha Lei Galega de Universidades foi o asunto máis destacado da xuntanza coa que, este venres, comparecía por vez primeira o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, no Consello Galego de Universidades.

Durante a reunión con este órgano consultivo, Vázquez anunciou a intención do seu equipo de darlle resposta a esta promesa realizada polo PP durante a campaña electoral cara ao 1 de marzo. Un chanzo na procura de regular o sistema universitario do país "neste proceso de adaptación do noso ensino superior ao Espazo Europeo de Educación Superior" que, segundo subliñou Vázquez, debera servir de canle para a consolidación do Sistema Universitario Galego neste século XXI "de xeito que teña un destacado papel na introdución da sociedade do coñecemento, piar do desenvolvemento económico de Galiza".

A pedra do financiamento
Así e todo, a consellaría evita polo de agora estabelecer un calendario para este proceso. O conselleiro sinalou que o Goberno "enfróntase a unha etapa economicamente moi difícil, a pesar da cal temos a idea de conquerir para as universidades galegas as maiores garantías de éxito".

"Haberá que procurar que os estudantes conten cos recursos e o financiamento necesario que lles permita competir en calidade e excelencia docente e investigadoras coas restantes universidades, tanto españolas como europeas e nun ámbito global", indicou Xesús Vázquez. O titular de Educación comprometeuse neste contexto a elaborar un novo plan de financiamento, "de acordo coas tres universidades". "Un novo plan que permita cumprir coas esixencias derivadas da plan integración ao Espazo Europeo de Educación Superior, pero que aínda non ten datas estabelecidas", admitiu.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: