Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESPOIS DE DOUS DÍAS NA COMISARÍA

Queda en liberdade a sindicalista acusada de falsificar documentos para favorecer inmigrantes

Sen cargos aínda en firme, un xulgado deberá determinar agora se hai evidencias para abir unha causa penal.

Redacción - 17:35 28/05/2009

A primeira hora da tarde quedou en liberdade Laura Bugallo. A traballadora de CIG-Migración foi detida en Compostela na noite do pasado martes acusada de falsificar documentos (facturas e tickéts) para axudarlle a inmigrantes a legalizar a súa situación. O nome de Bugallo dérono catro inmigrantes sorprendidos con este tipo de documentación. Os mesmos declararon que en ningún momento pagaron nada polos papeis. Agora un xulgado deberá agora determinar se hai evidencias abondo para abrir unha causa penal.

O Movemento pola Base, formación á que pertence Bugallo, fixo público un comunicado na súa páxina na que se queixa da “indiferenza” da CIG cara este caso.


4,62/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: