O líder do Partido Socialdemócrata, o avogado Jaume Bartumeu, debúllase como o vindeiro presidente andorrano. Podería ser investido na primeira rolda.
O avogado Jaume Bartumeu, candidato do Partido Socialdemócrata de Andorra á presidencia do país, podería ser investido na primeira rolda de votacións, tras estabelecerse un pacto entre a súa formación e Andorra pel Canvi (Andorra polo Cambio).
Ámbolos dous partidos cualificaron este acordo como "de Estado", sinalando que inclúe algúns pactos sobre a aplicación de novos impostos ás persoas non residentes, unha reforma da Administración e unha revisión das transferencias comúns. O acordo podería levar a algún membro de Andorra pel Canvi ao goberno de Bartumeu.
Dende 2005 e até agora, no Principado de Andorra gobernaba unha coalición do partido Unió Cristiana d'Andorra (UCA) e o Partido Liberal de Andorra (Partit Liberal d'Andorra) . O líder deste último, Albert Pintat, era o presidente do goberno (Cap de Govern), grazas a un pacto co líder da Unió Cristiana, Albert Ferrer. Foi o terceiro presidente do país dende a entrada en vigor da Constitución democrática de 1993. Sucedeu a Marc Forné i Molné, que estivo no cargo de 1994 a 2005, quen foi presidente do Partido Liberal até novembro de 2005.