Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito laboral

Recoñécenlle a antigüidade a unha traballadora logo de encadear quince contratos temporais

En tres anos subscribira até quince temporalidades coa empresa Carrefour antes de conseguir un contrato indefinido.

Europa Press - 14:00 26/05/2009

"É un paso importante e debería traballarse sobre a cuestión en todos os centros de traballo e con todos os traballadores que están nesta situación", explican fontes sindicais. A empregada fora contratada nun centro da empresa Carrefour en Bilbo en xuño de 1998. Até outubro de 2001 encadeou até quince contratos temporais, antes de outorgarlle a empresa un contrato indefinido.

A continuación, só lle foi recoñecida a antigüidade desde o momento en que asinou este contrato indefinido, negándolle por exemplo o complemento salarial correspondente á súa traxectoria no posto de traballo. O conflito laboral posterior remata agora, oito anos despois, co recoñecemento da empresa da antigüidade da traballadora desde o seu primeiro contrato. Subliñan as mesmas fontes sindicais a importancia de difundir e combater este tipo de situacións das que advirten que lle afectan a milleiros de traballadores.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: